Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Natación: Cinco medallas do Club USC no Campionato Galego Máster de Inverno

[21/01/2020] O Club USC callou unha excelente participación no Campionato Galego Máster de Inverno celebrado os pasados 18 e 19 de xaneiro na piscina de Frigsa, en Lugo. Á parte parte de mellorar ás súas propias marcas, as nadadoras e nadadores do Club USC sumaron 5 medallas: dúas de ouro e tres de prata.

Palmarés

  • Andrea Llano Pérez, medalla de ouro no 50 libre e medalla de prata no 200 libre.
  • Rosa Pacoret Pimentel, medalla de ouro no 200 mariposa.
  • Ana Cáceres-Terrado Cárdenas, medalla de prata no 50 libre.
  • Jesús Cabezas España, medalla de prata no 400 estilos.