Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

15 atletas do Club USC estarán no Campionato Provincial de Campo a Través Escolar

[20/01/2020] O pasado sábado celebrouse a fase intercomarcal de Campo a Través Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, clasificatoria para o Campionato Provincial de clubes federados que se desputará o vindeiro sábado 1 de febreiro no circuíto de Cabío na Pobra do Caramiñal, nesta proba un total de 15 atletas do Club USC obtiveron a súa clasificación para participar no Campionato Provincial.

Nesta xornada os atletas das escolas da Universidade de Santiago completaron unha magnífica actuación vencendo na categoría infantil femenina coas irmáns Demeku e Debris Paniagua Rodríguez, 1ª e 2ª clasficadas respectivamente, e con Nicolás Nsang Gómez e Arturo Ponte Álvarez que acadaban a victoria e terceiro posto respecticvamente na categoría cadete masculina.
 
Así mesmo, obtiveron a clasificación para o Campionato Provincial de Clubes Federados o equipo alevín femenino, destacando a actuación de Marta Lama Fernández (5ª clasificada), Berta Quintela Fernández en categoría cadete femenino e o equipo de cadete masculino da USC.

Demeku e Debris Paniagua Rodríguez, do Club USC, foron as dúas primeiras clasificadas na categoría infantil femenina.