Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Carla Lado López gaña o VII Concurso de Postais de Nadal

[17/12/2019] O xurado do VII Concurso de Postais de Nadal da USC reunido o pasado xoves 12 declarou gañador o debuxo de Carla Lado López, de 5 anos de idade. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2020 e un vale de 100 € para canxear en material deportivo. O xurado outorgou tamén un accésit, que consistirá nun pequeno lote de libros, a Candela Martínez Marcos, de 9 anos de idade.

O xurado estivo formado por:

  • D. Enrique Fernández Castiñeiras, como persoa experta en arte.
  • Dna. Eva Aguayo Lorenzo, en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
  • Dna. Rocío Bulnes Fraga, como persoa na que o Padroado da Fundación delegou o seu voto.

O deseño gañador de Carla Lado López.