Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

A Fundación USC Deportiva na II Feira da Innovación da USC

[03/12/2019] Os pasados 27 e 28 de novembro celebrouse a Feira de Innovación da USC na Cidade da Cultura. A Fundación USC Deportiva colaborou na organización da Feira achegando persoal técnico deportivo que dinamizou as pausas entre as sesións con actividades de zumba, autodefensa e tai chi, entre outras actividades.

II Feira da Innovación

A Universidade de Santiago de Compostela organizou a II edición da súa Feira de Innovación para achegar á cidadanía a oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento da universidade compostelá así como a súa aposta por difundir a cultura emprendedora entre os estudantes.

Entre outras moitas actividades, instalouse na Cidade da Cultura un espazo de atención ao estudantado para a resolución de dúbidas e ampliación de información relacionada coas titulacións da USC e a súa oferta de servizos; fixéronse exhibicións e demostracións de carácter interactivo para achegar aos visitantes exemplos dos proxectos de investigación da USC; difundiuse información sobre a súa oferta deportiva e cultural ou sobre proxectos de Aprendizaxe-Servizo relacionados coa innovación educativa e a responsabilidade social ou voluntariado da comunidade universitaria.

A dinamización dos intermedios de descanso entre as diferentes sesións informativas correu a cargo de técnicos deportivos da Fundación USC Deportiva que atenderon, entre outras, actividades de zumba, tai chi ou autodefensa.