Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

25-N. Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero

[25/11/2019] A Fundación USC Deportiva fai seu o chamamento do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para denunciar a persistencia e as novas formas de violencia machista e esixir que a erradicación da violencia de xénero pase a ser prioritaria nas axendas políticas, económicas e sociais.

A Fundación USC Deportiva reitera o seu compromiso para facer da universidade e o mundo do deporte un referente de igualdade que debe contribuír a proporcionar novas formas de coñecemento e valores que fagan posible a erradicación da violencia contra as mulleres no marco dunha sociedade máis xusta para todas e todos.