Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

VII Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto"

[19/11/2019] O vindeiro domingo 24 de novembro vaise celebrar a VII Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto". A andaina sairá ás 11.00 h. do Monte do Gozo e ten prevista a súa chegada á praza do Obradoiro ás 12.30 h., onde se dará lectura a un manifesto contra a Violencia de Xénero.

A VII Andaina "Camiño ao respecto" é unha iniciativa impulsada, co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade que fan un chamamento á participación das xentes vinculadas ao deporte galego para darlle maior visibilidade á campaña Non á violencia de xénero iniciada pasado mes de marzo no ámbito deportivo.​

Para participar na andaina é necesario cubrir este formulario on line.