Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Recepción aos atletas medallistas nos pasados Campeonatos de España

[08/03/2010] O vindeiro xoves 11 de marzo o Secretario Xeral para o Deporte Xosé Ramón Lete, fará unha recepción oficial a todos os atletas medallistas nos Campeonatos de España celebrados entre o 1 de xaneiro eo 8 de marzo de 2010.

Entre eses atletas está o equipo de veteráns do clube USC que quedou 3º clasificado no Campeonato de España por clubes de veteráns celebrado en febreiro en Ribadavia (Ourense). Os atletas que asistirán a recepción son:

  • Manuel Vigo Otero
  • Santiago Estévez Lado
  • Xosé Luis Otero Cepeda (tamén Campión de España de 3000 ml en Zaragoza en pista cuberta)
  • Julio Manuel Iglesias Miranda
  • Manuel Bello García
  • Javier Fenández Feijoo