Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Recepción da última quenda participantes do Verán Campus 2019 no Reitorado e no Concello

[03/09/2019] O reitor da USC, Antonio López, e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, mantiveron un encontro cos nenos e nenas do Verán CampUSC da Fundación USC Deportiva que tamén foron recibidos no Concello pola concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e os voceiros dos distintos grupos municipais.

O pasado luns, o reitor da USC, Antonio López Díaz, recibiu na Reitoría aos participantes na última quenda do programa Verán Campus, unha iniciativa da Fundación USC-Deportiva na que participaron preto de 500 usuarios/as na presente edición, que rematará o próximo o 13 de setembro. No encontro participaron asemade a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.

Os nenos e nenas do Verán Campus foron recibidos a seguir no Concello pola concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e mais polos voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega; do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete.

O Verán Campus está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida durante o verán co obxectivo de permitir ás nais e pais que traballan durante ese período conciliar a vida laboral e familiar. Entre as actividades programadas figuran obradoiros de acuoloxía, baile, atletismo ou voleibol.

O programa está dirixido tanto a traballadores da USC como a aquelas familias que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria, precisan dunha actividade de conciliación. Está organizado pola Fundación USC Deportiva e nel colaboran a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade e o Concello de Santiago a través da Concellaría de Igualdade.

O reitor da USC, Antonio López, e a vicerreitora Mar Lorenzo, cos nenos e nenas da última quenda do Verán CampUSC 2019.