Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Comezou a súa andaina o Verán CampUSC 2019

[24/06/2019] Hoxe comezou a décimo primeira edición do Verán CampUSC que acollerá actividades deportivas, culturais, socioeducativas e de lecer entre o 24 de xuño e o 31 de xullo e desde o 2 ao 10 de setembro. A primeira quenda, segunda, terceira e quinta teñen as súas prazas cubertas pero aínda hai prazas dispoñibles para 4ª que se desenvolverá entre o 22 e o 31 xullo.

O Verán CampUSC 2019 está organizado pola Fundación USC Deportiva e nel colaboran a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da USC e, por cuarto ano consecutivo, o Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Igualdade. Así mesmo, coma en anos anteriores, prestan tamén colaboración a Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Deportes da USC.