Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Brillante participación dos atletas do Club USC no Campionato Provincial da Coruña

[29/05/2019] Os atletas do Club USC asinan un balance moi positivo no Campionato Provincial da Coruña individual na categoría infantil e no de probas combinadas das categorías benxamín e alevín que se celebrou o pasado domingo 26 de maio en Ferrol.

Palmarés

Nas probas combinadas participou en categoría benxamín femenino Marta Lama Fernández que bateu o seu rexistro persoal na proba de 50 ml e logrou o terceiro posto do ranking galego, tamén se clasificou na oitava posición nas probas combinadas.

Na categoría alevín masculina participou o atleta Mateo Dagnac Llompart que culminou unha brilante tempada no clube USC.
 
En categoría infantil masculina individual estos foron os resultados máis destacados:

  • María Lama Fernández fíxose coa medalla de ouro na proba de salto de lonxitude e coa medalla de prata na proba de 80 ml, concluíndo un campionato espectacular nas súas disciplinas.
  • Lucas Dagnac Llompart foi medalla de prata en salto triplo e medalla de bronce na proba de 2000 ml. Tamén acadou o 4º posto na proba de salto de lonxitude.
  • Nicolás Nsang Gómez acadou a medalla de prata na proba de 80 ml e a de bronce na proba de 150 ml. Tamén foi quinto na proba de salto de lonxitude.
  • Arturo Ponte Álvarez acadou o quinto posto na proba de 1500 ml e foi noveno en salto de lonxitude.
  • David Toimil logrou o 6º posto na proba de lanzamento de peso cun lanzamento que superaba en máis dun metro o seu anterior rexistro.
  • Priscila Sánchez Vidal participou nas probas de salto de lonxitude e salto triplo atinxindo o posto oitavo e noveno, sendo tamén terceira da súa serie na proba de 80 MV.