Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

O sábado 8 de xuño celebrarase o Holi Gaiás 2019

[07/06/2019] O sábado 8 de xuño, a partir das 12 horas, vaise celebrar o Holi Gaiás 2019. Unha excelente ocasión para participar nunha actividade saudable, ateigada de cor e música na que, asemade, poderás gustar dos espazos verdes da Cidade da Cultura como o Bosque de Galicia e o Xardín do Teatro. Unha actividade da que é colaboradora a Fundación USC Deportiva.

A carreira de Holi Gaiás é unha competición atípica, lúdica e saúdable, deportiva e de lecer, festeira e ao libre, que se inspira nos festivais tradicionais de celebración da primavera da India ou o Nepal, acompañada de música e rematada cunha espectacular poeira multicolor.

Na carreira hai dúas categorías:

  • Categoría escolar (rapazada nada do 2004 ao 2009)
  • Categoría persoas adultos (Nadas en 2003 e anos anteriores)

Inscrición

A inscrición xa está aberta até o 5 de xuño ás 23.59h. O custe é de 5 € e podes inscribirte desde aquí. Hai descontos do 20% a estudantes, persoas socias do Club Gaiás, persoas xubiladas, persoas desempregadas e con carné Xove.

Ademais hai ofertas dispoñibles en puntos de venda físicos de Ataquilla ou venda telefónica (902504500) como o pack familiar 4x3 (15 €)e o pack grupo 3x2 (10 €)

Máis información

Aquí tes unha serie de ligazóns de interese: