Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Dous judokas da USC clasifícanse para a fase final Campionato de España sub-20

[22/03/2011] Ana María García Esmorís, medalla de ouro en -70 kg, e Pablo Forján Somoza, prata en -60 kg, competirán no Campionato de España Sub-20.

No Campionato de España sub-20 na súa fase sector Oeste celebrado o pasado domingo 20 en  Santoña (Cantabria), judokas das Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Castela-León e Cantabria disputáronse tres prazas por cada peso que daban acceso á fase final do Campionato de España da categoría que vai celebrarse en dúas semanas en Madrid.

Entre os convocados pola Federación Galega de Judo atopábanse dúas judokas do club USC de Santiago, que adestran no colexio La Salle: Ana María García Esmorís (cuádruplo medallista nacional) en -70 kg logrou a medalla de ouro na súa categoría, mostrando a súa superioridade durante todo o campionato.

Pablo Forján Somoza (quintuple  campión galego e medallista nacional infantil), no seu primeiro ano como junior, tras os seus combates gañados con solvencia en cuartos de final e semifinais, tan só sucumbía na final ante o tamén medallista nacional Gimeno, de Castela e León. Así, obtiña a medalla de prata en -60 kg.