Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Atletas da USC participan con grande éxito no Campionato Provincial Escolar

[14/05/2019] O pasado domingo disputouse nas pistas de atletismo da Alta no Concello da Pobra do Caramiñal, o Campionato Provincial Escolar en pista 2019. No mesmo tomaban parte 13 membros da escola de atletismo da USC clasificados despois das fases previas entre as mellores 16 marcas da provinicia en cada proba.

Palmarés

Categoría benxamín

  • Manuel Mato Pérez obtía a medalla de ouro na proba de lanzamento de pelota.
  • Elvis Samuel Omotumishe subía ao podio en 2 ocasións, con medallas de bronce nas probas de 50 ML e Salto de Lonxitude.
  • Marta Lama Fernández acadaba o 4º posto na proba de 50 ml e a medalla de ouro na proba de salto de lonxitude.
  • Lucía Taboada Codesido era 10ª na proba de 1000 ML.
  • Xoel Rodríguez Muñoz era 8º na proba de lanzamento de peso benxamín.
  • Participaron tamén Nicolás Yonatha Guillán Pavón na proba de relevos 4x50 junto a Elvis Omotumishe, Xoel Rodríguez e Manuel Mato.

Categoría alevín

  • Debris Paniagua Rodríguez, medalla de bronce na proba de 500 ML.
  • Demeku Paniagua Rodríguez, medalla de bronce na proba de 1000 ML.
  • Mateo Dagnac Llopmart acadou a medalla de bronce en 1000 ML e o 7º posto na proba de salto de lonxitude.
  • Clara Jorge Gándara, 6ª na proba de salto de altura.
  • Adriana Vila Fernández, 10ª na proba de 500 ML.

Categoría infantil

  • En tetrathlon, Nicolás Nsang Gómez acadou a medalla de bronce e Lucas Dagnac Llompart, a oitava posición.