Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Dous atletas xuvenís da USC na Selección Galega de Campo A Través

[21/03/2011] Javier Castro Sanzeri e David Santos Domínguez, atletas do club USC, van representar a Galicia no Campionato de España Cadete e Xuvenil (CSD) que se celebrará na vindeira fin de semana, os días 25-27 de marzo, en La Morgal no Principado de Asturias.

A súa participación no combinado galego é froito da boa traxectoria certificada por ambos os dous atletas na tempada de inverno, na que colleitaron, no circuíto galego, uns resultados moi saleintábeis, chave para desputar o Campionato de España.