Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Atletismo. Fin de semana dos Campionatos de Galicia

[26/02/2019] A pasada fin de semana disputáronse os Campionatos de Galicia sub 10, sub 12, sub 14, sub 18 e sub 20 na pista cuberta de Ourense (Expourense) que achegou un balance moi positivo para o Club USC.

Na xornada de sábado, estreouse o atleta  Ignacio González Pulleiro na proba de 60 ML sub 18 onde, na semifinal D, acadou a primeira posición cun rexistro de 7.31 co que logrou a clasificación para a final do Campionato de Galicia e a marca mínima para o Campionato Nacional. Xa, na final, quedou na 5ª posición absoluta galega.

No concurso de salto de altura femenina Sub 20, Aloia Vilas Docampo logrou a medalla de prata cun rexistro de 1.51 metros.
 
Na xornada de domingo celebrouse o Campionato de Galicia das categorías sub 10, sub 12 e sub 14. Participaron as atletas Marta e María Lama Fernández, os irmáns Lucas e Mateo Dagnac e Nicolás Nsang.

Marta Lama Fernández clasificouse para a final da proba de 50 ML cun rexistro de 8.49. Marta Lama, ademais, participou ademais na proba de salto de lonxitude onde logrou a medalla de prata cun salto de 3,30 metros.

A súa irmá, María Lama Fernández, correu 60 ML, clasificándose para a final na que acadou o 4º posto cun rexistro de 8.62 ás portas da medalla de bronce.

Na proba de 1000 ML, o atleta Mateo Dagnac Llompart logrou un magnífico rexistro de 3.34.90 na final sub 12. Mateo competiu tamén na final de salto de lonxitude na que tivo un rexistro de 3.67 metros completando así un magnífico campionato.

No salto de lonxitude infantil masculino, participaron 2 atletas do Club USC: Lucas Dagnac Llompart remataría o concurso nun notable 7º posto cun rexistro de 4.44 m e Nicolás Nsang Gómez, con 4.63 m, conseguiría a medalla de bronce coa mesma marca da medalla de prata que se decidiu polo número de nulos no concurso.

Ademais, Nicolás Nsang Gómez, na proba de 500 ML, quedaría ás portas da medalla de bronce nun sprint final a 4.