Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Tenis, o equipo infantil da USC venceu ao Casino Ferrolano

[16/03/2011] No partido do Campionato de Galicia por Equipos Infantís 2ª categoría, celebrado en Ferrol o pasado sábado, o equipo da USC impúxose ao Casino Ferrolano por 3 a 1.

Con este resultado, revalidando a vitoria no encontro de ida por 4-1 nas pistas compostelás, o equipo da USC acada a final da Zona Norte de Segunda Categoría, onde se enfrontará a dobre partido co Club de Tenis Coruña.

O encontro de ida co Club Tenis Coruña será nas canchas de Santiago o próximo sábado 19. O partido de volta celebrarase nas pistas do Seixal o día 26 de marzo.