Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Dous podios no Campionato de España de Atletismo para veteráns

[07/03/2010] Os equipo de veteráns da USC participou esta pasada fin de semana no Campionato de España celebrado en A Coruña e obtivo un campionato e un subcampionato de España.

Os dous atletas da USC que subiron ó podio do clube foron:

  • Xosé Luís Otero Cepeda que se proclamou Campión de España de Veteráns  M55, seguindo cunha traxectoria envexable esta tempada despois de ser hai pouco Campión de España de 3000 ML na pista cuberta en Zaragoza.
  • Manuel Vigo Otero foi subcampión de España de Campo a través na categoría M45, onde foi superado polo atleta olímpico e mundialista Martín Fiz.


Esther Pedrosa Carrete, pola súa parte, ocupou o 4º posto na proba individual de Campo a través na categoría M45; Santiago Estévez Lado foi 6º en M50 e Santiago García Ferrón foi 24º en M35.