Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Guillermo Martínez Marcos gaña o VI Concurso de Postais de Nadal

[17/12/2018] O xurado do VI Concurso de Postais de Nadal da USC reunido o pasado xoves 14 declarou gañador o debuxo de Guillermo Martínez Marcos, de 4 anos de idade. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2019 e un vale de 100 € para canxear en material deportivo. O xurado outorgou tamén un accésit, que consistirá nun pequeno lote de libros, a Malena Guillín Barral, de 9 anos de idade.

O xurado estivo formado por:

  • D. Enrique Fernández Castiñeiras, como persoa experta en arte.
  • Dna. Eva Aguayo Lorenzo, en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
  • D. Pablo Sampedro Magán, en representación da Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da USC
  • Dna. Rocío Bulnes Fraga, en representación da Fundación USC Deportiva
  • A persoa na que o Padroado da Fundación delegou o seu voto desculpou a súa ausencia.

Debuxo de Guillermo Martínez Marcos, de 4 anos, gañador da VI edición do Concurso de Postais da Fundación USC Deportiva.