Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

USC, importante cita co atletismo, o judo, o xadrez e o tenis na fin de semana

[11/03/2011] Os atletas da USC compiten en Monterrei e Noia, os judokas teñen cita en Vigo, os tenistas enfróntanse ao Casino Ferrolan, os xadrecistas xogan en Compostela contra o Club Alexadre Bóveda e Club de Ajedrez Padrón e os nadadores alevíns e benxamíns compiten en Arzúa.

Atletismo


Sábado 12. Celébrarase, no circuito de Monterrei (Ourense), o Campionato Galego Escolar no que participarán 9 atletas do clube USC que obtiveron a clasificación no Campionato Provincial celebrado en A Pobra do Caramiñal o 19 de febreiro.

Pablo Soto, Pablo Rodríguez, Martín Darriba, Leo Cendán,
Pablo Saa e Pablo Frade formarán o equipo da categoría alevín
que se proclamou Campión Provincial.

Claudia Fernández representará á categoría alevín femenina
e Lucía Suárez Crespo fará o mesmo en infantil femenina;
Fernando Vales Ferreira será o encargado de pechar a
representación da USC na categoría cadete masculino.

Domingo 13. Dispútase nas Pistas Municipais de Noia o Campionato galego de 10000 ML no que Xosé Luís Otero Cepeda toma parte como representante do clube USC.

Judo

Sábado 12. Segunda xornada da competición escolar Xogajudo (categorías benxamín e benxamín B) en Vigo.

Tenis

Sábado 12. Campionato Galego por Equipos Infantís 2ª Categoría. Partido de volta da semifinal. Casino Ferrolano - USC

Xadrez

Sábado 12. Novena rolda da Liga Galega de Xadrez. O equipo de División de Honra xoga en casa contra o Alexandre Bóveda "A". O USC Xuvenil, de 1ª división, xoga tamén en casa contra o Padrón.

Natación

Sábado 12. Quinta xornada das Ligas alevín e benxamín en Arzúa.

Otero Cepeda representa á USC no Campionato galego de 10000 ML que se celebrará en Noia o domingo 13.