Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Fundación USC Deportiva. En negro, contra as violencias

[19/11/2018] A Fundación USC Deportiva fai parte da campaña «En negro, contra as violencias», que na edición de 2018 suma o apoio milleiros establecementos comerciais e entidades sociais e 102 concellos galegos, que aspiran a situar a loita contra a violencia machista como prioridade das políticas públicas.

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.


Toda a información sobre a campaña «En negro, contra as violencias»