Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Magnífica participación no stage de judo solo

[04/03/2011] O I Stage Judo Solo, celebrado na sala de artes marciais da USC o sábado 26 de febreiro, saldouse cun grande éxito de participación. O stage contou coa presenza do judoka Marcial Romero Azpitarte, membro da selección española de judo e adestrador do Centro de Tecnificación Deportiva de Judo.

A asistencia prevista incialmente para 30-35 persoas, ampliouse ao cabo para acoller a 60 participantes, procedentes de Compostela pero tamén de Vigo e Coruña e outras delegación federativas. Juan C. Purriños, director técnico da Federación Galega e seleccionador nacional de judo, estivo igualmente presente no desenvolvemento do stage.

Todos os participantes acordaron en sinalar a grande calidade do stage e insistiron na conveniencia de celebrar novos eventos desta natureza.