Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Nenos e nenas do Verán CampUSC visitan o Reitorado e a Casa do Concello

[03/09/2018] No día de hoxe, 24 nenos e nenas do Verán CampUSC do grupo de maior idade (nados no 2009 e anteriores) foron oficialmente recibidos no Reitorado da USC e mais no Concello de Santiago. Ás 11 horas mantiveron un encontro co Reitor da USC, Antonio López, no que estiveron acompañados por Mar Lorenzo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, e por Óscar Hermida, xerente da Fundación USC Deportiva. Unha hora despois, a comitiva dos nenos e nenas da quinta quenda do Verán CampUSC, xunto con Mar Lorenzo, vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, e Óscar Hermida Otero, xerente da Fundación USC Deportiva, foron recibidos na Casa do Concello por Marta Lois, concelleira de Igualdade, en representación do Goberno municipal.

A quinta e derradeira quenda do Verán Campus 2018, na que participan 100 nenos e nenas, iniciou hoxe o seu programa de actividades que terá o seu remate o vindeiro venres 7 de setembro.