Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Calidade docente e altísima participación na Xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas

[02/07/2018] O domingo 1 de xullo finalizaron as Xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas que facían parte dos Cursos de Verán da USC. O curso organizado pola Fundación USC Deportiva contou co colaboración do Concello de As Pontes e sumou 30 alumnos e 9 relatores. Durante 3 xornadas, o Curso de Verán converteuse nun espazo de ricaz convivencia entre xestores deportivos de toda Galicia que destacaron, na súa avaliación, a calidade dos relatores que dinamizaron as sesións achegando coñecementos expertos e estimularon unha activa participación dos asistentes.

Calidade docente e unha altísima participación e interese por parte dos asistentes en  tres sesións nas que se foron debullando coñecementos e recursos que resultan imprescindibles para adaptarse ás necesidades e desafíos que implican, na actualidade, a dirección, xestión e administración das entidades deportivas.