Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Inauguración do Curso de Verán da USC «Organización e xestión de entidades deportivas»

[29/06/2018] Hoxe comezou o Curso de Verán «Organización e xestión de entidades deportivas» no participan 30 alumnos e que se desenvolverá ata o domingo 1 de xullo nas instalacións da Casa Dopeso no Concello das Pontes de García Rodríguez. A inauguración das xornadas correu a cargo do concelleiro de Deportes das Pontes, Jesús Tembrás, María do Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos e vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, e de Óscar Hermida, xerente da Fundación USC Deportiva.

As Xornadas, como se sinalou na inauguración, van achegar aos profesionais do sector deportivo, coñecementos e recursos imprescindibles para adaptarse ás necesidades e desafíos que implican a dirección, a xestión e a administración das entidades deportivas.

Na xornada de hoxe David Fabeiro Agraso, experto en Seguridade de Instalacións e Eventos Deportivos pola UCLM, desenvolveu unha sesión ao redor da planificación da seguridade para eventos deportivos locais, e e Emilio García Silvero, ex-director do Departamento xurídico da Real Federación Española de Fútbol e actual director do Departamento de Integridade da UEFA, falou sobre futuro inmediato das federacións deportivas e a súa adaptación aos cambios que introducirá a nova Lei do Deporte.

Na sesión do sábado 30 de xuño farán os seus relatorios José González-Dans Vázquez, director xeral corporativo R.C. Deportivo de La Coruña; Cristina Pedrosa Leis, vogal do Tribunal Administrativo do Deporte e ex-membro do Comité Galego de Xustiza Deportiva; e José Villanueva Penas, sponsorship manager en Hijos de Rivera SAU, atendendo a centros de interese como a xestión económico-financeira e as relacións laborais nas entidades deportivas, o futuro da xustiza deportiva ou o patrocinio de equipos e eventos.

Na xornada do domingo 1 de xullo participarán Leonor Gallardo, profesora titular da UCLM, investigadora principal do Grupo IGOID e CEO de IGOID SPORTEC; Miguel Rodriguez, Director técnico Fundación Deporte Galego-Xunta de Galicia; e Guti Martín, xerente Sherpa Project, Consultores en Turismo e Deporte, que falaran sobre o liderado e o talento na xestión do deporte, o uso das novas tecnoloxías, o turismo deportivo e o desenvolvemento de eventos deportivos ambientalmente sustentables.

[Fotografía: Concello d'As Pontes]