Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Venres 15 de xuño, remate do prazo de matrícula nas "Primeiras xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas"

[13/06/2018] Estas Xornadas forman parte da Universidade de Verán da USC 2018 e celebraranse os vindeiros días 29, 30 de xuño e 1 de xullo na Casa Dopeso (As Pontes de García Rodríguez). A taxa xeral de matrícula é de 70 € e a reducida de 40 €. As Primeiras xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas suman 19 horas lectivas e validan o recoñecemento de 1 crédito ECTS.