Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Prazas dispoñibles na 1ª, 3ª, 4ª e 5ª quenda do Verán CampUSC

[31/05/2018] Unha vez finalizado o prazo para que as persoas inicialmente admitidas formalizasen a súa praza e unha vez chamadas todas as persoas das listas de agarda da 1ª, 3ª e 5ª quenda, ábrese un novo prazo de inscrición para completar as prazas dispoñibles nestas dúas quendas. Tamén hai prazas dispoñibles na 4ª quenda.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario, efectuado o pagamento (enviando o xustificante no caso de non pagar a través da nosa páxina web) e enviando unha copia do libro de familia.

Na 2ª quenda continúase a contactar a través do correo electrónico ás persoas que figuran nas listas de agarda do público xeral.