Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Volve Holi Gaiás, carreira, vida saudable, diversión e natureza

[25/04/2018] Tras o éxito da edición de 2017, o 5 de maio volverá celebrarse a carreira Holi Gaiás que contará, outra volta, coa colaboración da Fundación USC Deportiva. Holi Gaiás é unha celebración festiva e actividade saudable para participar en familia deixando á marxe o espírito para darlle protagonismo a convivencia, á diversión e ao contacto coa natureza. O percurso da carreira será de 5 quilómetros na Cidade da Cultura para descubrir e gozar da obra de Peter Eisenman e o Bosque de Galicia, gran pulmón verde de Compostela.

A Holi Gaiás rememora nun ambiente festivo o popular festival de primavera que se celebra tradicionalmente na India, Guyana e Nepal para festexar a chegada da primavera cunha explosión de cores.

A hora de inicio da carreira será as 12 horas do 5 de maio e contará con dúas categorías:

  • Categoría escolar: ano de nacemento entre 2003 e 2008
  • Categoría adultos: ano de nacemento en 2002 ou anteriores

Ademais de deporte saudable haberá música e actividades de natureza como as Andainas Cidade Verde e Papaventos no Gaiás.

Toda a información sobre as actividades e o xeito de inscribirse pode consultarse na web da Cidade da Cultura.