Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Taekwondo: Lorena Dias proclámase campioa na categoría Muller Absoluta Medio e o equipo Muller absoluto da USC faise co bronce no Campionato Galego Promesas 2018

[14/03/2018] O sábado 10 de marzo celebrouse, no pavillón do Gatañal en Cangas, o Campionato Galego Promesas coa participación de 300 deportistas. Lorena Dias Gomez, taekewondista do Club USC, logrou o Ouro na categoría Muller Absoluta Medio (- 73 kg ) na final contra María Lema Martínez (Dobok).

Este triunfo aupou ao Club USC até o 3º posto na clasificación por equipos Muller Absoluta ao acadar unha puntuación de 9 puntos.

Clasificación por equipos. Muller absoluta

  • 1º Valerics:15
  • 2º Mat´s: 12
  • USC: 9
  • 3º Ozono Boiro C.D.: 9
  • 3º E.D. Poio: 9

Lorena Dias, campioa na categoría Muller Absoluta Medio (- 73 kg ), no podio coa medalla de ouro.