Nova
35 deportistas e 16 clubs participaron no Campionato de Karate da USC
[13/03/2018] O pasado sábado 10 de marzo celebrouse o Campionato de Karate da USC no que participaron 35 deportistas pertecentes a 16 clubs nas modalidades de Kata, Kumite e Para-karate. A organización do evento contou coa colaboración da Fundación USC Deportiva e do seu coordinador da sección de karate Óscar Lafuente. A entrega de medallas correu a cargo de Miguel Magán, director do Servizo de Deportes da USC, e Carmen Barro, presidenta da Federación Galega de Karate.
Palmarés
Kata feminino
- Ouro: Paula Ramos Osorio (River Stone, representando á Selección Galega).
- Prata: Carla Fernández Lombardía (Shihan, representando á Selección Galega).
- Bronces: Ariadna Rocha López (Bunkai Sport, representando á Selección Galega) e Laura Fontenla Barinaga (Casino de Ares).
Kata masculino
- Ouro: Alejandro Felpeto Gesto (Karate-do Carballo, representando á Selección Galega)
- Prata: Nicolás Pinaque García (Karate-do Carballo)
- Bronce: Diego Cancela Macenlle (Gimsport) e Luís Paniagua Arias (JK)
Para-karate masculino (discapacidade intelectual)
- Ouro Marcos Movilla Martínez (KC Maceda, representando á Selección Galega)
Kumite feminino Open
- Ouro: Elena Fernández Gutiérrez (Gimnasio Lino)
- Prata: Sara Vázquez Rumbo (ESK Narón, representando á Selección Galega)
- Bronces: Noelia Barinaga Amado (EK Cedeira) e Ana Táboas Favorecido (Zanshin)
Kumite masculino -75 Kg.
- Ouro: Aitor Vidal Couto (ESK Narón, representando á Selección Galega).
- Prata: José Carlos Carballo González (AD Do Coto)
- Bronces: Óscar Sánchez Piña (Zanshin) e Borja Pérez Saavedra (San Francisco Teo)
Kumite masculino +75 kg.
- Ouro: Ángel Guillén Herrero (Renbukan, representando á Selección Galega)
- Prata: Antonio Cartolano Blanco (San Francisco Teo, representando á Selección Galega)
- Bronces: Alejandro Felpeto Gesto (Karate-do Carballo, representando á Selección Galega) e Carlos Saavedra García (Renbukan)