Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Campionato galego universitario de deportes colectivos

[08/03/2018] Os pasados 6 e 7 de marzo celebráronse, nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña, os Campionatos galegos universitarios de deportes colectivos nos que participaron como adestradores tres técnicos da Fundación USC Deportiva: Roberto Valdés en fútbol masculino e fútbol sala feminino, Susana Rodríguez en voleibol masculino e feminino, e Bruno López en balonmán masculino e feminino.

Os equipos de balonmano masculino e feminino proclamáronse subcampións e os de voleibol masculino e feminino e os de fútbol masculino e de fútbol sala feminino clasificáronse en terceira posición.

Equipo masculino de voleibol da USC, dirixido por Susana Rodríguez.