Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Exitosa participación do Club USC na Fase Zonal do Campionato de Campo a Través de Xogade

[23/01/2018] O equipo alevín feminino –formado por Elda de la Fuente, Lucía Fonseca, Iria Lú, Debritu Paniagua, Demekech Paniagua e Adriana Vila– proclamouse campión da Fase Zonal que se celebrou o pasado sábado no parque Eugenio Granell de Santiago, asemade Mateo Dagnac foi subcampión benxamín masculino e Adrián de la Fuente fíxose co segundo posto no podio na categoría alevín masculino.

Todos estes corredores, xunto con Lara Villaverde, quinta na categoría benxamín feminina, clasificáronse para participar no Campionato Provincial que terá lugar o próximo 3 de febreiro no circuíto de Acea da Ma en Culleredo (A Coruña).