Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Xadrez. Diego Cacheiro, terceiro no campeonato provincial da Coruña sub 14

[22/01/2018] Diego Cacheiro, do Club USC, ocupou a terceira posición da clasificación do Provincial da Coruña quedando por detrás de Claudio Reboredo do ETX Coruña e de Marcos Santos do Alexandre Bóveda. Outros dous xadrecistas, Eduardo Cabanas e Álvaro Torres clasificáronse respectivamente en sexta e décimo terceira posición da categoría sub 14.

Martín Cacheiro Martínez, do Club USC, foi cuarto no absoluto por detrás de Daniel Pousada,Diego Bugliot e Walter López. Os xadrecistas do Club USC Carlos Descalzo foi 14 e Alexandre Vila 15 nesta categoría.