Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Diego Cacheiro e David Buitrón fanse co campionato provincial de xadrez sub 10 e sub 16

[16/01/2018] O pasado domingo 14 celebrouse, en Ferrol, o Campionato Provincial da Coruña nas categorías sub 8, 10, 12, 14 e 16. Dous xadrecistas do Club USC fixéronse co campionato provincial: Diego Cacheiro Blanco en sub 10 e David Bruitón Ramil en sub 16.

Cacheiro Branco, do Club USC, sétimo no ranking, proclamouse campión de sub 10 por diante de Iago Fernández Ramos, primeiro no ranking, do Xadrez Brétema e Sergio Vilacoba do Toque Xiria. A cuarta posición foi para o xadrecista do Club USC, quinto no ranking, Eduardo Cabanas López.

Pola sea parte, en sub-16, David Buitrón fixo valer a súa condición de favorito, número un no ranking, e impúxose na clasificación final a Claudio Reboredo da ETX Coruña.