Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Candela Martínez rebibe o premio do V Concurso de Postais de Nadal

[22/12/2017] Na mañá de hoxe, venres 22, Candela Martínez Marcos, de 7 anos de idade, recibiu de mans de Óscar Hermida, xerente da Fundación USC Deportiva, o premio do V Concurso de Postais de Nadal.

O premio consiste nunha praza no Verán CampUSC 2018 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. A imaxe gañadora é o motivo da tarxeta da Fundación USC Deportiva no Nadal de 2017.