Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Taekwondo: Emma Fernández e Martín Blanco, medallas de prata na Copa Xunta de Galicia

[21/11/2017] O pasado sábado, 18 de novembro, desputouse no Pavillón Municipal de Calo en Teo (A Coruña) a Copa: Xunta de Galicia de Técnica e o Campionato Galego de Hapkido. Na competición participaron tres taekwondistas do Club USC: Emma Fernández Bouvier, na categoría en Adulto A1 Feminino; Martín Blanco Lagares, na categoría amateur Adulto A1 masculino; e Marta Pedrouzo Piñeiro, na categoría competitiva, Senior 1 Feminino.

Emma Fernández e Martín Blanco quedaron subcampións nas suas categorías e Marta Pedrouzo Piñeiro acadou o 9º posto da clasificación.