Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

O II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung remata cunha cualificación altamente positiva dos seus participantes

[21/11/2017] O pasado sábado 18 tivo lugar o II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung, formación que correu a cargo de Amancio Rial e na que participaron dez persoas que avaliaron moi positivamente a actividade: un 8,9 sobre 10.

Coma en cursos precedentes, entre os distintos apartados avaliados, no que se acada unha maior valoración positiva é na estima das capacidades docentes e dominio do tema de Amancio Rial.

Aproveitando o bo tempo da xornada, tras compartir o xantar, e antes de iniciar a sesión de tarde, fíxose unha pequena sesión de meditación ao aire libre nas zonas axardiñadas do Campus Vida.

Amancio Rial impartirá o próximo 16 de decembro un curso de iniciación á meditación e o mindfulness para o que aínda quedan prazas.