Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Fundación USC Deportiva. En negro, contra as violencias

[20/11/2017] A Fundación USC Deportiva fai parte da campaña «En negro, contra as violencias», que suma nesta edición de 2017 co apoio de case 4.000 establecementos comerciais e entidades sociais e mais 75 concellos galegos, que aspiran a situar a loita contra a violencia machista como prioridade das políticas públicas.

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.