Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Diego Sotelo e Ana Cotos, ouro no Campionato Galego de Augas Abertas

[20/09/2017] O pasado sábado 16 de Setembro tivo lugar, na praia de San Amaro (A Coruña), o I Campionato Galego de Augas Abertas, onde participaron varios nadadores do Club USC: Diego Meijide, na categoría Junior-1; Esteban Ferreiro, na categoría Junior-2 e Manuel Quintás e Ana Cotos, na categoría Senior (nadando todos eles a proba de 5000 m); Diego Sotelo xunto con Silvia Deira na categoría máster +40 (nadando 2500 m).

Diego Sotelo e a Ana Cotos, malias dificultades do mar e do bo nivel xeral dos nadadores, acadaron o primeiro posto nas súas categorías. Ademais Sotelo quedou segundo na proba xeral.