Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Recepción dos participantes no Verán CampUSC no Reitorado e no Concello de Santiago

[06/09/2017] O reitor da USC, Juan Viaño, xunto coa Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, Dolores Álvarez, recibiron en San Xerome a participantes da quinta quenda do Verán CampUSC 2017 aos que fixeron entrega de diversos obsequios. A seguir, visitaron o Concello de Santiago, onde departiron con membros da Corporación Municipal.

Juan Viaño, reitor da USC, mantivo un encontro con algúns dos 97 nenos e nenas que participan na derradeira quenda do Verán CampUSC. Na recepción participou así mesmo a Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvares, que é asemade Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva.

Tras o encontro coas autoridades académicas, foron acompañados por Dolores Álvarez á Casa do Concello. No Pazo en Raxoi foron recibidos pola Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois, e polos voceiros dos grupos municipais do PP, Agustín Hernández, PSdeG-PSOE, Paco Reyes, e BNG, Rubén Cela.

[Fotografía: Santi Alvite]