Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Escola de Karate: superados con éxito os exames de grao

[28/06/2017] No día de onte celebráronse os exames de grao correspondentes ao curso 2016-17. Todos os compoñentes do grupo de infantil da Escola de Karate da USC superaron con éxito os seus exames de grao nas probas realizadas na Sala de Artes Marciais da USC.

As e os karatecas estiveron acompañados por familiares e amigos que puideron comprobar os progresos acadados ao longo do curso.