Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Aprázase ao luns 15 a publicación das listaxes de persoas admitidas no Verán CampUSC

[12/05/2017] Debido ao alto volume de preinscricións recibidas no Verán CampUSC e á necesidade de tempo para recibir e valorar a documentación acreditativa solicitada ás familias, a Comisión de Seguimento do Verán CampUSC reunirase o luns 15 de maio, día no que se publicarán as listaxes definitivas.

Este mesmo día quedará aberta a inscrición naquelas quendas nas que non se cubrisen todas as prazas.
 
Tendo en conta este retraso, o prazo para que as persoas admitidas poidan efectuar o pagamento rematará o domingo 28 de maio, en lugar do día 23, como estaba incialmente previsto. Unha vez rematado este prazo, o día 29 de maio comunicarase en que quendas quedan prazas libres.