Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Prazas libres no VI Obradoiro de Técnicas de Relaxación e Meditación

[10/01/2017] O vindeiro martes 17 de xaneiro dará comezo o VI Obradoiro de Técnicas de Relaxación e Meditación como Ferramentas de Saúde. As persoas que estean interesadas en participar aínda poden facelo xa que quedan algunhas prazas dispoñibles.

O Obradoiro desenvolverase en 12 sesións de unha hora cunha frecuencia de dúas sesións semanais, nun grupo de entre 8 e 15 participantes.

Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.

Impartirán a actividade Laura Buj López, de Xuntos, e Amancio Rial Bouza, da Fundación USC Deportiva.