Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

IV Carreira Pedestre Popular Solidaria 2010

[12/05/2010] O domingo 16 de maio celebrarase a IV Carreira Pedestre Popular Solidaria 2010, que conta coa participación na organización, entre outros, da Fundación USC Deportiva. Comezará ás 11:00 horas e levarase a cabo nun circuito polo Campus Sur, en Santiago.

Ás 11.15 h iniciarán a proba os integrantes da categoría benxamín e alevín cunha distancia a percorrer de 1.260 metros.

Ás 11.30 h, serán as categorías infantil e cadete as que percorrerán 2.410 metros e ás 12.00 h, serán as categorías, xuvenil, iúnior, promesas, sénior e veteranos as que percorrerán uns 4.710 metros.

Ás 12.45 h, serán entregados os premios aos primeiros clasificados de cada unha das probas disputadas.

Os donativos que se recaden serán para Proxecto Home Galicia e a Cociña Económica.

Admitiranse inscripcións ata o día 14 de maio ás 22:00h, neste email ou no fax 981191559.

 

Participantes na III Carreira Popular Solidaria

Participantes na III Carreira Popular Solidaria