Fundación USC Deportiva USC

[17/01/2020] Intensa axenda deportiva do Club USC cando demedia o mes de xaneiro. Citas co atletismo, fútbol, natación e tenis.

Track GPS, MIDE e mapa da ruta Rodeiro - Serra do Faro

[17/01/2020] Publicado o track GPS, o MIDE e o mapa da ruta de Rodeiro á serra do Faro que se vai realizar o sábado día 18 de xaneiro.

Cos nosos mellores desexos, felices festas

[19/12/2019] O Padroado e mais o persoal da Fundación USC Deportiva desexámoslles aos usuarios e usuarias das nosas actividades e entidades colaboradoras unhas felices festas e un novo ano ateigado de ledicias e tamén de éxitos deportivos.

Carla Lado López gaña o VII Concurso de Postais de Nadal

[17/12/2019] O xurado do VII Concurso de Postais de Nadal da USC reunido o pasado xoves 12 declarou gañador o debuxo de Carla Lado López, de 5 anos de idade. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2020 e un vale de 100 € para canxear en material deportivo. O xurado outorgou tamén un accésit, que consistirá nun pequeno lote de libros, a Candela Martínez Marcos, de 9 anos de idade.

Competicións do Club USC na fin de semana

[13/12/2019] A fase comarcal do campo a través escolar en Santiago de Compostela e o partido que enfronta ao Clud USC co Bar Novais Portomouro son os eventos máis destacados da fin de semana.

A Fundación USC Deportiva na II Feira da Innovación da USC

[03/12/2019] Os pasados 27 e 28 de novembro celebrouse a Feira de Innovación da USC na Cidade da Cultura. A Fundación USC Deportiva colaborou na organización da Feira achegando persoal técnico deportivo que dinamizou as pausas entre as sesións con actividades de zumba, autodefensa e tai chi, entre outras actividades.

Competicións do Club USC na fin de semana

[28/11/2019] Atletismo, fútbol veterano e natación na xornada do sábado e o tenis, o domingo, compoñen o calendario de competicións do Club USC.

25-N. Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero

[25/11/2019] A Fundación USC Deportiva fai seu o chamamento do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para denunciar a persistencia e as novas formas de violencia machista e esixir que a erradicación da violencia de xénero pase a ser prioritaria nas axendas políticas, económicas e sociais.

Competicións do Club USC na fin de semana.

[22/11/2019] Tenis, natación e fútbol na axenda deportiva do Club USC da fin de semana.

VII Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto"

[19/11/2019] O vindeiro domingo 24 de novembro vaise celebrar a VII Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto". A andaina sairá ás 11.00 h. do Monte do Gozo e ten prevista a súa chegada á praza do Obradoiro ás 12.30 h., onde se dará lectura a un manifesto contra a Violencia de Xénero.


Libros

Elogio de la bicicleta

Publicado en 2008, Eloxio da bicicleta é definido por Marc Auge como «unha reflexión sobre á lembranza, ao mito e á utopía» como distintas caras da realidade que se constrúe ao redor da bicicleta, o cicloturismo e o ciclismo desde a posguerra europea ao mundo actual.