Fundación USC Deportiva USC

Competicións do Club USC na fin de semana

[14/06/2019] Tenis e natación ordenan a axenda deportiva do Club USC na terceira fin de semana de xuño.

O sábado 8 de xuño celebrarase o Holi Gaiás 2019

[07/06/2019] O sábado 8 de xuño, a partir das 12 horas, vaise celebrar o Holi Gaiás 2019. Unha excelente ocasión para participar nunha actividade saudable, ateigada de cor e música na que, asemade, poderás gustar dos espazos verdes da Cidade da Cultura como o Bosque de Galicia e o Xardín do Teatro. Unha actividade da que é colaboradora a Fundación USC Deportiva.

Competicións do Club USC na fin de semana

[03/06/2019] Natación, atletismo e tenis achegan as principais citas deportivas do Club USC na fin de semana.

Competicións do Club USC da fin de semana

[31/05/2019] A primeira fin de semana de xuño convoca aos deportistas do CLUB USC no campionato galego Sub-10 de atletismo, na terceira xornada do Circuíto ADAN de natación e mais nos campionatos galegos por equipos de tenis.

Brillante participación dos atletas do Club USC no Campionato Provincial da Coruña

[29/05/2019] Os atletas do Club USC asinan un balance moi positivo no Campionato Provincial da Coruña individual na categoría infantil e no de probas combinadas das categorías benxamín e alevín que se celebrou o pasado domingo 26 de maio en Ferrol.

Competicións do Club USC na fin de semana

[21/05/2019] Atletismo e tenis repártense o protagonismo da última fin de semana de maio.

Track GPS, MIDE e mapa da Ecopista Valença -Monção

[20/05/2019] Publícanse os track GPS, MIDE e mapa da Ecopista Valença -Monção que se percorrerá o próximo sábado 25 de maio.

Publicadas as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC

[20/05/2019] Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019. As persoas admitidas poderán formalizar a praza até o día 2 de xuño.

Axenda deportiva do Club USC

[17/05/2019] A fin de semana das Letras Galegas ten ao tenis e a natación como deportes protagonistas na axenda do Club USC.

Listaxes provisorias de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019

[14/05/2019] Publicadas as listaxes provisorias de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019. O período de reclamacións e subsanación de erros vai do 14 ao 15 de maio. O 20 de maio publicaranse as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda.

Verán CampUSC 2019

Do 24 ao 28 de xuño; do 1 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo; do 22 ao 31 de xullo; e 2 ao 10 de setembro de 2019.



Libros

Elogio de la bicicleta

Publicado en 2008, Eloxio da bicicleta é definido por Marc Auge como «unha reflexión sobre á lembranza, ao mito e á utopía» como distintas caras da realidade que se constrúe ao redor da bicicleta, o cicloturismo e o ciclismo desde a posguerra europea ao mundo actual.