Publícanse as listas de persoas admitidas e as listaxes de agarda no Verán CampUSC 2016. O prazo de inscrición para formalizar a praza ábrese no momento da publicación destas listaxes ata o 29 de maio. Nas quendas 4ª e 5ª, ao non chegar a cubrirse todas as prazas, queda aberto o prazo de inscrición a aquelas persoas que non fixeron preinscrición dende este momento. As prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.