Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Deporte federado

Deporte Federado

A Fundación USC Deportiva xestiona a sección de deporte federado da Universidade de Santiago de Compostela, tanto a parte administrativa como a deportiva. Nalgún casos, os adestradores dos diferentes deportes federados son tamén monitores nas escolas deportivas, polo que se facilita o paso da iniciación á competición.

Actualmente existen as seguintes seccións no deporte federado: atletismo, fútbol, fútbol sala, iudo, kárate, natación, orientación, taekwondo, tenis e xadrez. O total de deportistas federados na actualidade supera os 500.