Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Cos nosos mellores desexos, feliz aninovo e un ventureiro 2019

[27/12/2018] O Padroado e o persoal da Fundación USC Deportiva desexámoslles aos usuarios e usuarias das nosas actividades e colaboradoras unhas felices festas e un novo ano ateigado de ledicias e éxitos deportivos.

Guillermo Martínez Marcos recolleu o premio do VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

[27/12/2018] O xoves 14 de decembro, o xurado do VI Concurso de Postais de Nadal da USC declarou gañador o debuxo de Guillermo Martínez Marcos, de 4 anos de idade. O premio consiste nunha praza no Verán CampUSC 2019 e un vale de 100 € para canxear en material deportivo.

Axenda deportiva da fin de semana

[27/12/2018] A axenda deportiva do Club USC de 2018 despídese co Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno.

Track GPS, MIDE e mapa da ruta do monte do Cádavo

[20/12/2018] Track GPS, MIDE e mapa da ruta do monte do Cádavo en Cuntis que se realizará o próximo sábado día 22.

Resolución definitiva do proceso selectivo para a contratación pola Fundación USC Deportiva dun Técnico Deportivo con Especialidade en Actividades Acuáticas.

[18/12/2018] Faise pública a resolución definitiva do proceso selectivo para a contratación pola Fundación USC Deportiva dun Técnico Deportivo con Especialidade en Actividades Acuáticas.