[07/06/2019]
O sábado 8 de xuño, a partir das 12 horas, vaise celebrar o Holi Gaiás 2019. Unha excelente ocasión para participar nunha actividade saudable, ateigada de cor e música na que, asemade, poderás gustar dos espazos verdes da Cidade da Cultura como o Bosque de Galicia e o Xardín do Teatro. Unha actividade da que é colaboradora a Fundación USC Deportiva.