Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Deporte no campus de Lugo, segundo cuadrimestre

[08/02/2011] O xoves 10 de febreiro ábrese o prazo de inscrición nas actividades deportivas impulsadas pola USC no Campus de Lugi no segundo cuadrimestre, a partir do 28 de febreiro.

Dous ouros, unha prata e un bronce no Campionato galego xuvenil e iunior

[07/02/2011] No Campionato galego xuvenil-iunior en pista cuberta, celebrado o sábado 5, na Coruña, David Santos Domínguez proclamouse campión galego xuvenil de 15 ML e Juan Capeáns Tubío venceu na proba junior de 400 ML. Ademáis Paulina Sahelices López foi prata na proba de 800 ML junior feminina e Rosa María Manzano Gómez bronce na de 200 ML junior feminina.

Xadrez: Quinta Rolda

[07/02/2011] A Quinta Rolda saldouse co empate da USC fronte ao Club Kárpov na División de Honra e a vitoria da USC Compostela na Terceira División. A USC Xiuvenil, na Primeira División, e a Escola USC, na Terceira, saíron derrotados dos seus enfrontamentos.

Natación, xadrez e atletismo na fin de semana

[04/02/2011] Na xornada do sábado celébrase a terceira xornada da liga alevín de natación e a quinta rolda da liga galega de xadrez. O domingo, en Vitoria-Gazteiz o Campionato de España de Veteráns por Clubs.

Xadrez: Cuarta Rolda

[04/02/2011] A Cuarta Rolda saldouse con dúas vitorias a da USC Xuvenil fronte ao Santa María de Caranza na Primeira División Grupo B e a da Escola USC na Terceira División Grupo C diante do Gallaecia Stellae. E coas derrota do equipo USC ante o Círculo Ferrolano "A" na División de Honra e da USC Compostela no seu enfrontamento co líder da Terceira División Grupo C, o Liceo Pueblense.